III Encontro de Edublogs


Como sempre un paso por detrás de Sekeirox, coloco en este o "noso aquel", a información dispoñible polo de agora sobre o III encontro de Edublogs.
Das anteriores correrías, teño noticia casi que en directo gracias o sempre atento Futano. Nas idas e voltas me chamaba por teléfono, para facer menos pesado o viaxazo que se tivo que meter para acudir ás xuntanzas.
O único pero -que nin iso- de tales encontros, foi precisamente o coche.
Este ano toca en Santiago, e dende este o meu fogar, organizaremos en colaboración de todos o evento.
Eu, non teño que coller o coche, o éxito está garantizado :)
Mentres tanto, andamos quentando motores en "Internet en el Aula". Pasádevos a ver que se coce.

Chegamos para quedarnos

Falando con Futano sucedeu o irremediable: reflexionamos sobre o futanismo. Somos futanos por que sí, e xa non hai volta atrás.
Entón fáisenos preciso, explicar o noso carácter de futanos, por que xa pasou por ahí quen pensou que eramos seres malignos e non somos tal.
Somos futanos por que somos como calquera outro. Non somos fulanos, sobre todo por que si non eu tiña que ser unha fulana :D
Tampouco somos menganos, por se soa mal; nin perenganos, por que xa queda moi lonxe na lista...
Somos como calquera outro ser, interesante e interesado por compartir e colaborar no que nos interesa: a Educación.
Levamos xa tempo traballando xuntos, a anterior Xiruela e o xa mítico Sekeirox e aquí andamos: chegamos para quedar, así que váianse preparando...

O traballo en rede das técnicas de Familia

O pasado día 4 estivemos dando un seminario ás Técnicas comarcáis de familia do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.
Destacaría do encontro, a ilusión das técnicas por indagar con ferramentas da Web 2.0 e as posibilidades que anotaron para comezar a establecer lazos.
Creo que todos o pasamos ben e aprendimos moitas cousas. Seguramente elas, que empezan agora o seu novo traballo, lle darán sentido propio o traballo en rede.

E seguímonos movendo...

O Venres 22 estaremos en Santa Comba. A xente de Interea convidounos a dar un taller sobre Redes.
Temos preparado un montón de actividades e material para dar unhas clases de calceta... a ver se tecemos máis a Rede¡¡

Os futanos

Os futanos preséntanse hoxe. Estarán a estas horas falando da Web 2.0.
Seguro que quedan moitas cousas por comentar así que esperamos que as completedes e comentedes con nos.